El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

A primeira edición da gala da Asociación de Empresarios de Vilalba terá lugar o venres 22

05-02-2019 10:48:38
Presentación da gala da Asociación de Empresarios.

A asociación de empresarios de Vilalba vén de anunciar que o venres 22 de febreiro, no auditorio Carmen Estévez da localidade chairega, terá lugar a primeira edición da Gala empresarial, na que esperan poder contar coa participación da maior parte dos seus 200 asociados.

O encontro servirá tamén para facer entrega de dous premios principais -empresario do ano e mellor emprendedor- e cinco mencións especiais que servirán para recoñecer aos máis destacados protagonistas noutros ámbitos: internacionalización, responsabilidade social corporativa, mellor empresa do sector servizos, empresarios da Terra Chá, e ao mellor proxecto emprendedor de nova creación.

Durante a presentación, na que participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, tamén estivo presente o presidente da Asociación de Empresarios Sete Pontes, Álvaro Fraga, o alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde e o director da oficina de Caixa Rural Galega de Vilalba, Martín Paz (entidade patrocinadora)





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias