El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | O DÍA 2 DE MARZO

A Xunta apoia a organización dos Premios Mestre Mateo do Audiovisual

05-02-2019 15:24:19
Jacobo Sutil (i) e Carlos Ares.

Patrocinado por IdoVisual | O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o presidente da Academia Galega do Audiovisual (AGA), Carlos Ares, asinaron hoxe o convenio de colaboración mediante o que a Xunta volve apoiar economicamente a organización dos Premios Mestre Mateo e dunha serie de actividades paralelas encamiñadas a reforzar o papel dos galardóns como escaparate do sector audiovisual galego.

Mediante este apoio, contribúese á realización de diferentes accións vinculadas á convocatoria da décimo sétima edición dos Mestre Mateo, que terá como momento culminante a gala de entrega das estatuíñas o vindeiro 2 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña. Este mesmo xoves 7 de febreiro daranse a coñecer os nomes dos finalistas que optarán aos premios nas 29 categorías convocadas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias