El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación pecha a liña 3 Do Plan Concellos: 271.000 euros para Ponteareas

09-02-2019 12:48:27
Carmela Silva (c), presidenta da Deputación.

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar a última achega da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos 2019 para o concello de Ponteareas, que recibe 271.397,24 euros polos que vai contratar 43 traballadoras e traballadores municipais. Así, a institución provincial pecha a Liña 3 do Plan Concellos 2019, dotada con máis de 9 millóns de euros e pola que os concellos da provincia poden contratar un total de 954 traballadoras e traballadores municipais.

Con esta achega Ponteareas vai contratar 4 auxiliares administrativos, 2 persoas técnicas de medio ambiente, 1 delineante, 4 oficiais, 1 monitora ou monitor, 1 persoa licenciada en Dereito, 1 persoa diplomada en Xestión e Administración Pública ou Grao en Administración Pública, 1 técnica ou técnico en educación infantil, 2 auxiliares de clínica, 1 axudante de cociña, 2 persoas de limpeza, 1 técnica ou técnico en turismo, 18 peóns, 3 albaneis e 1 persoa para fontanaría.

Coa aprobación desta partida para Ponteareas, a Deputación pecha as achegas para a Liña 3 de Emprego do Plan Concellos 2019, despois dunha primeira relación de concellos aprobada na Xunta de Goberno do 18 de xaneiro e unha segunda na Xunta de Goberno do 28 de xaneiro. En concreto, estas partidas permiten este ano a creación de 954 empregos nun total de 57 concellos da provincia. No Plan Concellos 2019, a través da Liña 3, póñense a disposición dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes algo máis de 9 millóns de euros. Nos catro anos de goberno de Carmela Silva, co Plan Concellos téñense creado en toda a provincia 5.792 postos de traballo para desempeñar diferentes tarefas municipais. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias