El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Marita Seara Fernández
Piñeiro Docampo
Deportes

BALONMÁN

Constituída a nova Xunta Directiva da Federación Galega de Balonmán

09-02-2019 18:41:57
Xunta Directiva da Federación Galega de Balonmán.

Hoxe tivo lugar a constitución da nova xunta directiva da Federación Galega de Balonmán, presidida por Bruno López Molina, que destaca por ser un grupo moi plural, no que está representada toda Galicia e cunha importante presenza de mulleres.

O presidente Bruno López asegurou que "é unha xente que chega con moita ilusión e con gañas de traballar polo balonmán. Ademais é un grupo que abarca a toda Galicia e que coñece o balonmán dende abaixo". O máximo mandatario destaca as ganas de traballar de todas e todos os integrantes da directiva, por facer cada día máis grande o balonmán galego.

Nesta nova directiva hai unha importante presenza de mulleres e por vez primeira haberá unha vicepresidenta. Ela é Alicia Montes, que durante moitos anos traballou no Teucro. Alicia explicou que afronta o cargo "con moita ilusión e responsabilidade polo reto que supón poñer ao balonmán no sitio que se merece no deporte galego". Ser a primeira muller que ocupe unha vicepresidencia é un orgullo máis para Montes, que destacou "que é un acerto do presidente, apostar polas mulleres, nun deporte no que somos parte importante". A pesar de que deixou o Teucro hai anos, segue ligada ao balonmán "nunca me separei! o balonmán é unha paixón e forma parte de ti". Departamento de comunicación


A xunta directiva

.- Presidente: Bruno López

.- Vicepresidenta 1ª: Alicia Montes

.- Vicepresidente: Ignacio Permuy

.- Vicepresidente: Fernando Mosquera

.- Secretaría: Marisa Sueiro

.- Tesoureira: Patricia Sanmiguel

.- Vogais: Carla Abad, Fernando Mosquera Castro, Jesús Varela, Óscar Peixoto, Óscar Pérez, Elena Estévez, Manuel Ángel López Penela, Félix Antonio Mojón e Borja Reinaldo Tajes.

Ademais, ao fronte do Comité de Competición estará Ismael Solla e no Comité de Apelación, Laura G. Solla.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias