El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | EDUCACIÓN

Educación convoca as probas para a obtención de carnés e habilitacións profesionais

10-02-2019 12:39:35

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar os exames para a obtención de carnés e habilitacións profesionais. Este ano o procedemento articúlase en dúas convocatorias independentes, unha primeira cuxo prazo de inscrición será do 18 de febreiro ata o 1 de marzo, e unha segunda convocatoria que se abrirá en xullo.

Tal como se pode consultar no DOG, as especialidades obxecto de exame nesta primeira convocatoria serán os carnés profesionais de operado de guindastre torre e de guindastre móbil autopropulsado categoría B; e a habilitación profesional de operador/a industrial de caldeiras.

As probas da segunda convocatoria (con prazo de presentación de solicitudes entre o 1 e o 12 de xullo) inclúen, ademais das modalidades da primeira convocatoria, as probas para a obtención dos carnes profesionais de operador/a de guindastre móbil autopropulsado categoría A e instalacións térmicas de edificios; e as habilitacións profesionais de instalador de gas (categorías A, B e C), de produtos petrolíferos líquidos (categorías I, II e III), e manipulador/a de equipamentos e de transporte refrixerado de mercadorías de refrixerantes conxelados.No que respecta aos exames, os da primeira convocatoria non se realizarán antes do 15 de abril deste ano, e os da segunda convocatoria non serán antes do 30 de setembro deste 2019.

Poden optar a estas probas todas aquelas persoas que estean en idade legal laboral ou teñan cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente; e cumprir cos requisitos específicos que se estableza na normativa para cada especialidade.

As persoas interesadas poden descargar o modelo de solicitude na Guía de Procedementos e Servizos da Xunta de Galicia no enderezo electrónico e na páxina web da Consellería.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias