El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación presenta en Fairway o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía

11-02-2019 16:09:42

A Coruña | Fairway, o Fórum Internacional do Camiño de Santiago, deu comezo esta mañá coa presentación da Deputación da Coruña.  

O deputado responsable das áreas de Economía, Deportes e Mocidade, Antonio Leira, foi o representante da Deputación nun acto conducido polo xornalista Terio Carrera, que contou ademáis coa presenza do ciclista Ezequiel Mosquera e do adestrador do Obradoiro CAB, Moncho Fernández.  

Leira destacou “o enorme potencial turístico e económico para a provincia” das dúas rutas xacobeas que discorren integramente por territorio coruñés: o Camiño Inglés, que en 2018 rexistrou un incremento de peregrinos do 25% e o Camiño Fisterra-Muxía, que disparou o número de camiñantes nun 70% con respecto con respecto a 2017.  

“Como exemplo do gran impacto socieconómico que o fenómeno xacobeo ten nos municipios coruñeses, só en Oroso ascende a 500.000 euros, segundo os nosos cálculos”, subliñou.  

O deputado provincial subliñou que, dende o comezo das actuacións de desenvolvemento turístico até o momento actual, as cifras de afluencia de peregrinos pasaron de 1.500 a 15.000 a día de hoxe, “e agardamos que este ano a cifra se incremente ata os 20.000”, apuntou.  

Leira remontouse ás orixes do Camiño Inglés e anunciou que o vindeiro 23 de abril farase oficial a apertura “do primeiro tramo do Camiño Inglés en Inglaterra”, na localidade de Durham, un fito sobre o que a Deputación vén de editar diversos materiais divulgativos en idioma inglés que se distribúen en Fairway co obxecto de dar a coñecer a historia deste camiño e “posicionalo no panorama internacional”, xa que rexistra unha crecente afluencia de peregrinos de distintas nacionalidades.  

O adestrador do Obradoiro CAB, Moncho Fernández destacou a “singular beleza” das paisaxes do Camiño Inglés, así como o “patrimonio cultural” que o viaxeiro atopa nesta andaina que permite “desconectar” e “adentrarse a narrativa máis representativa da identidade galega”. 

Pola súa banda, Ezequiel Mosquera narrou a súa experiencia persoal como peregrino e detallou algúns dos seus emprazamentos favoritos ao longo dos distintos tramos e etapas do Camiño. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias