El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | TEATRO MARÍA CASARES

Os Premios de Teatro María Casares volven contar co apoio da Xunta

12-02-2019 17:36:39
Jacobo Sutil e Nieves Rodríguez.

Patrocinado por IdoVisual | O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Nieves Rodríguez, asinaron hoxe o convenio de colaboración a través do que a Xunta de Galicia mantén o seu apoio económico á organización de diferentes actividades vinculadas á convocatoria dos Premios de Teatro María Casares.

Esta vixésimo terceira edición dos galardóns terá o seu punto culminante na gala de entrega que se celebrará o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña, durante a que se desvelará o nome dos profesionais e proxectos premiados nas 14 categorías convocadas. Os finalistas daranse a coñecer o vindeiro 21 de febreiro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. A Agadic colaborará, así mesmo, cun programa promocional paralelo que busca recuperar e reivindicar a figura de María Casares a través de accións como o desenvolvemento dun roteiro coruñés sobre a actriz.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias