El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

BANCA

Abanca presenta o seu plan estratéxico para EEUU ante empresarios de Miami

14-02-2019 11:39:11
Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca.

Abanca reuniu onte en Miami máis de 350 invitados nun evento organizado para presentarse en Estados Unidos e dar a coñecer a súa nova oficina na localidade. O evento contou coa participación do presidente do banco, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, quenes expuxeron ante os asistentes as principais características do modelo

Abanca e a actividade que o banco desenvolverá no mercado americano. Ademais dunha ampla representación do tecido social e empresarial, no evento estivo presente o alcalde de Miami, Francis Suárez, que entregou ao presidente de Abanca as chaves da cidade.

Prioridades de Abanca

Na súa intervención, o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet Rodríguez, repasou os rasgos de identidade que definen á entidade. “Facemos unha banca baseada na proximidade, asumindo que o noso papel consiste en prestar apoio ao progreso, ao crecemento económico, á convivencia e á sustentabilidade do planeta”, explicou. Así mesmo, Escotet indicou os motivos polos que Abanca elixiu Miami como localización da súa oficina en Estados Unidos. “Esta cidade é a porta natural para calquera organización que se propoña tender pontes entre España, Europa, Norteamérica e América Latina, ademais de ser un potente imán de oportunidades”, destacou.

Pola súa banda, o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, trasladou ao público asistente a vocación de Abanca como “socio financeiro das empresas e familias con intereses en Estados Unidos, América Latina e Europa”. Explicou así mesmo o modelo diferencial de servizo que Abanca ofrece aos clientes, tanto particulares como empresas, do seu segmento de negocio internacional, que está baseado “na atención próxima e especializada, a cobertura xeográfica total e a operatoria multidivisa, elementos que se complementan coa innovación tecnolóxica e a transformación dixital”.

Mercado obxectivo

A nova oficina de Abanca en Miami está situada no distrito financeiro de Brickell e conta cun equipo de 12 persoas que dará servizo tanto a particulares como empresas, en ambos os casos tanto residentes como non residentes en Estados Unidos. No entanto, Abanca dirixirase de maneira especial ás empresas españolas ou de diferentes países de América Latina que operan en Estados Unidos, que se poderán beneficiar da presenza do banco a ambos os dous lados do Atlántico.

Abanca obtivo en decembro do pasado ano a licenza da Reserva Federal de Estados Unidos (FED) para operar no mercado financeiro americano. Aínda que ABANCA terá o seu centro de operacións en Miami, a licenza, primeira deste tipo concedida pola FED nos últimos dez anos a unha entidade internacional, permítelle operar na totalidade do territorio estadounidense. Coa súa entrada no mercado de Estados Unidos, son xa 11 os países de Europa e América, incluíndo España, nos que opera Abanca.

Crecemento

A entrada de Abanca no mercado estadounidense forma parte do plan de crecemento da entidade, no que tamén se inscriben as adquisicións, anunciadas en 2018, de Deutsche Bank PCC Portugal e Banco Caixa Geral España.

Con estas operacións o volume de negocio minorista sitúase nos 82.713 millóns de euros e a rede comercial amplíase ata máis de 800 oficinas en todo o mundo. A entidade aborda o seu crecemento nacional e internacional cunha taxa de morosidade do 3,6%, en liña coa media europea e moi por baixo da española, e un cociente de capital do 17% reforzado tras as últimas emisións, que foron moi ben acollidas polos mercados. Departamento de comunicación

www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias