El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

MOSTRA VALOR E MESTRÍA

Feijóo: "Revisar a historia do fútbol en Galicia supón transitar pola biografía do país"

15-02-2019 16:35:57
Feijóo enxalza a mostra Valor e mestría

O presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo, enxalzou hoxe a mostra Valor e mestría. Galicia como fútbol como unha oportunidade única para coñecer o rostro máis nobre do deporte e entender a importancia das metas colectivas e das visións compartidas. “Estamos a falar dunha oportunidade para coñecer de primeira man a historia e aos protagonistas dun deporte que é algo máis, pola súa innegable incidencia social, económica e mesmo ideolóxica”, aseverou.

Durante a inauguración, Feijóo subliñou, deste xeito, que a exposición logra, explorar a influencia do fútbol na construción das identidades colectivas; “porque revisar a historia do fútbol en Galicia supón transitar pola biografía do país, recuperar imaxes icónicas fixadas na retina coa potencia da emoción e, en definitiva, explorar rituais, tradicións e símbolos que forman parte de nós e nos definen como país”.


Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico avanzou que, a través de máis de 300 pezas -trofeos, medallas, fotografías, vídeos, audios de radio, carteis, bandeirolas, camisetas, botas, bufandas e outro tipo de obxectos-, achegadas por diferentes institucións, clubs e coleccionistas privados, a mostra dirixe a mirada do visitante cara a historias que cómpre coñecer e vindicar como exemplares, como a da propia Verónica Boquete; a da porteira Irene, pioneira do fútbol feminino en Galicia, capitá dun equipo de homes a principios do século XX; ou a historia do Karbo, da Coruña, primeiro equipo campión de España de fútbol feminino, nos anos oitenta.


“Son historias que nos falan, tamén aquí, no fútbol, da necesidade da igualdade de xénero e de apoio ao fútbol feminino”, sentenciou, resaltando que todas as pezas acreditan, ademais, o carácter cultural da mostra. Un carácter que se reforza coa presenza dos medios de comunicación: xornais e revistas, cortes de radio e imaxes televisivas enriquecen a exposición.
Nesta mesma liña, referiuse ao papel que no fútbol xogan os árbitros e, tamén, os adestradores, destacando, en relación a estes últimos, aos dous que máis partidos dirixiron en Primeira División: Carriega e Arsenio Iglesias.


Logo de precisar que de aquí ao peche, previsto para o 1 de setembro, levaranse a cabo numerosas actividades paralelas no Gaiás, Feijóo concluíu con palabras de agradecemento para o presidente da Federación Galega de Fútbol; para a Liga de Fútbol Profesional, colaborada da exposición; para os clubs, “pola súa gran xenerosidade nos préstamos”; para os xogadores e ex xogadores que cederon pezas; para os comisarios da exposición, Antón Castro e Rubén Ventureira, e para David Carballal, deseñador do catálogo.

Así mesmo, referiuse ao fútbol afeccionado, ao que se lle rende tributo ao final da mostra, cun pase de fotografías e destacando que en Galicia hai máis de 78.800 licenzas e 4.039 equipos de fútbol-11. Uns números que converten a Comunidade na primeira autonomía en número de licencias por poboación e cuarta con máis licencias.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias