El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

ENTROIDO DA ULLA

Xenerais da Ulla

18-02-2019 21:07:57
Xenerais da Ulla.

Entroido da Ulla | A bisbarra natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos testemuñas desde mediados do s. XIX. As personaxes máis importates son os Xenerais e Correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.

Rematan escenificando un atranque (ou alto), enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano. Dunha parroquia a outra o Entroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos definitorios que os fan únicos.

Xenerais e Correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do entroido tradicional galego. Ver calendario





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias