El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | TAXIS ADAPTADOS

A Xunta concede 37 axudas para a adquisición de taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida

19-02-2019 18:47:24
A contía das axudas por taxi é de 10.000 euros

A Xunta concedeu no último ano 37 axudas para a adquisición de taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), cun investimento total de 370.000 euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución recolle a listaxe das axudas concedidas para a adquisición destes vehículos para o exercicio 2018, no marco da convocatoria do ano 2018. 

Desde o 2016, ano no que a consellería pon en marcha este programa, se concederon 113 axudas para a adquisición de taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida. As axudas por vehículo son de 10.000 euros, e están dirixidas a subvencionar os vehículos novos que se adquiriron entre o 1 de xullo de 2017 e o 30 de novembro do 2018. 

Das mesmas beneficiáronse as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade. Por outra parte, antes do 1 de xullo de 2019 os beneficiario deberán realizar a adscrición do vehículo á autorización de taxi e comezar a prestar o servizo co mesmo. 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén a súa aposta por impulsar a implantación progresiva de vehículos adaptados e accesibles para a prestación do servizo de taxi. Trátase de contribuír a incrementar a competitividade do sector e fomentar o emprego neste colectivo, ao tempo que se garante o acceso ás persoas con mobilidade reducida, avanzando nese común obxectivo da Xunta de acadar a inclusión plena das persoas con discapacidade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias