El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

PAZO DE MEIRÁS

Goretti Sanmartín mostra o seu apoio a Carlos Babío tras a denuncia da familia Franco

20-02-2019 11:20:52
Goretti Sanmartín Rei (d).

A Coruña | A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, mostrou o seu apoio ao investigador Carlos Babío tras a denuncia por inxurias e calumnias presentada contra el pola familia de Francisco Franco. Goretti Sanmartín destacou que "herdeiros e herdeiras do ditador síntense acurralada e, por iso, actúa da mesma forma que faría o seu avó, tratando de impedir a liberdade de expresión".  

Goretti Sanmartín Rei quixo facer tamén un recoñecemento ao papel desenvolvido polo investigador Carlos Babío, coautor do libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio, á hora de desvelar as trampas do ditador para que o Pazo de Meirás pasase por propiedade privada de Francisco Franco cando, en todo caso, tería que ser un ben público pertencente a Patrimonio Nacional.  

"Os estudos de Carlos Babío e a súa investigación de tantos anos está a ser peza fundamental para a elaboración dos informes xurídico e histórico que nos permiten ter base documental para reclamar o Pazo de Meirás para patrimonio público e iso é o que realmente molesta á familia Franco, que se desvele o procedemento empregado polo ditador para engrosar o seu patrimonio", explica Goretti Sanmartín Rei.  

Engade tamén que Carlos Babío participou e o seu traballo foi de especial relevancia para a Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás, promovida desde a Deputación da Coruña, que sumou forzas de institucións e entidades implicadas na historia do Pazo de Meirás e que coincidían no interese de poñer fin ao espolio perpetrado na ditadura.

"Desde a creación da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás fixéronse públicos dous informes moi claros que demostran, amparadas nas investigacións de Babío, que hai razóns abondosas para reclamar con éxito o inmóbel e iso é o que alporiza aos Franco que saben que pode chegar o momento de que poñamos fin aos seus privilexios", sinala Goretti Sanmartín.  

A vicepresidenta da Deputación da Coruña lembrou que os informes xurídico e histórico foron remitidos no pasado mes de agosto ao Director General da Memoria Histórica, e que a pasada semana volveu a dirixirse a Fernando Martínez para reclamarlle "celeridade e decisión" para botar a andar un proceso para o que, segundo apuntou, "existen argumentos reais e probas contundentes". Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias