El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación adxudica a contratación do programa "Depo en Marcha 2019"

06-03-2019 15:30:19

Pontevedra |  A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación da contratación do servizo de xestión, desenvolvemento e execución do programa “Depo en marcha 2019”. Así, a empresa Xestión Cultural Aurea S.L. será a encargada de xestionar o programa, que este ano conta cun orzamento de 156.000 euros.

Máis polo miúdo, entre os criterios sociais valorados no contrato estiveron o compromiso da empresa para mellorar as condicións laborais e salariais por riba do convenio sectorial e territorial ás persoas docentes dos obradoiros e, tamén, o compromiso de contratar, para a execución do contrato, un número de mulleres superior ao 50% do persoal contratado.

“Depo en Marcha 2019” ofertará inicialmente 130 obradoiros que se aumentarán en función do número de solicitudes presentadas polas entidades de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia de Pontevedra. Todos eles, de 30 horas de duración, agrúpanse en oito grandes áreas: “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”.

Os principais obxectivos deste programa son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, así como potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e impulsar a independencia das e dos maiores para evitar o illamento e as situacións de soidade. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias