El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

GALICIA | MEMORIA HISTÓRICA

O BNG presenta a primeira Lei de Memoria Histórica Galega

06-03-2019 15:51:38
Luis Bará, deputado do BNG.

O deputado do BNG, Luís Bará presentou hoxe o texto lexislativo, Memoria histórica democrática de Galicia elaborada pola BNG para o resarcimento das vítimas do franquismo, a recuperación dos bens espoliados pola ditadura e a anulación dos xuízos e condenas franquistas.  

Para o deputado do BNG, as institucións públicas galegas deben amosar unha postura clara de condena do golpe de Estado do 36, da ditadura franquista e da represión que sufriron miles de galegas e agalegas nese período histórico. Neste sentido, explicou que a lei do BNG inxírese dentro do marco de normas internacionais para a promoción e protección dos dereitos humanos mediante a loita contra a impunidade.  

“Unha democracia asentada no esquecemento é unha democracia fráxil”, afirmou Bará e  de aí a necesidade de defender “o dereito a verdade” coa creación da Comisión da verdade, a Oficina de Atención ás vítimas, o Instituto da Memoria Histórica galega, un censo de vítimas, o banco de ADN e a localización e exhumación dos restos de todos os galegos e galegas que viviron a represión franquista. No prazo de seis meses, dende a entrada en vigor da lei tamén será realizado un censo de símbolos, expresións e monumentos de exaltacións do golpe de estado e a Ditadura franquista para promover “a súa eliminación”:  
 
A lei busca a continuidade no tempo, a normalización a través do coñecemento histórico e baixo unha perspectiva de xénero porque, un gran número de  mulleres viviron a brutalidade e a represión de maneira física e psicolóxica, moitas, recalcou Bará “foron violadas, perseguidas e asasinadas”, e temos a obriga de recoñecer a súa resistencia.
 
Os 69 artigos da lei abranguen diferentes  aspectos e contidos recollidos a través da participación e debate con diversos colectivos. É unha lei, reiterou o deputado, “democrática, antifascista e galega” e anunciou que agarda que o resto dos grupos parlamentarios apoien o texto que será debatido na vindeira sesión plenaria.
 
O parlamentario do BNG considerou que a lei de Memoria histórica galega responde á reparación dunha anomalía democrática e representa a “limpeza dos pozos negros da transición”. Ademais, criticou que tanto o Partido popular como o Partido Socialista non mostraron intención para recuperar os ben espoliados pola familia Franco, o Pazo de Meirás, a Casa Cornide e as figuras do Pórtico. Para o deputado, PP e PSOE están “amparando os intereses da familia” do ditador, mentres 19 persoas seguen acusadas por reclamar a devolución destes bens roubados ao pobo galego.

"O Partido popular debe decidir  de que lado está” e no debate da Lei de Memoria histórica ten a oportunidade de dar un paso adiante  para frear o proceso de  involución, “o PP debe saír do armario da historia do franquismo”. É necesario render unha homenaxe a todos os galegos e galegas que loitaron contra a ditadura e o PP pode sumarse a ese homenaxe ao igual que fixo contra as vítimas do nazismo.  Bará concluíu afirmando que a lei de Memoria histórica galega non conleva un custe económico elevado xa que sería asumida polas propias institucións. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias