El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | UNIVERSIDADE

A Xunta organizará xornadas de prevención da violencia sexual en colaboración coas universidades galegas

07-03-2019 15:55:24
Acto conmemorativo polo Día Internacional da Muller.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá no acto conmemorativo polo Día Internacional da Muller que organizou a Universidade de Santiago de Compostela, onde destacou a importancia das universidades na promoción da igualdade.

Por iso, e ao igual que o ano pasado, a Xunta e as tres universidades galegas organizarán Xornadas de prevención e sensibilización sobre a violencia sexual na mocidade nos 7 campus galegos a partir da vindeira semana. 

Na súa intervención, a secretaria xeral puxo en valor de novo o papel da educación e da sociedade no seu conxunto para seguir construíndo unha sociedade en igualdade na que non existan barreiras de xénero.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias