El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

PESCA

O BNG vota a favor do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, cuxo orzamento aumenta máis do 10%

07-03-2019 18:03:07
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, votou esta tarde a favor do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, nunha sesión que tivo lugar na Comisión de Pesca, e que deu o visto bo ao aumento do orzamento, ao chegar aos 6.867.000.000 de euros, que supón un incremento superior ao 10%. Miranda considera que é “unha boa nova” o aumento dos fondos, xa que ao seu xuízo permitirá afrontar as necesidades dun sector estratéxico na economía galega, polo que instou ao goberno galego a “poñerse as pilas” e aproveitar as oportunidades que ofrece o novo FEMP.

Para a eurodeputada do BNG, única representante galega na Comisión de Pesca, é destacable a aprobación da posta en marcha dun programa destinado a protexer a pesca artesanal. Porén, Miranda critica que non se recolla exactamente a definición defendida polo BNG e os representantes deste sector que participaron na xornada organizada polo Bloque en Bruxelas o pasado mes de outubro.

Ao respecto lembrou que para o Bloque a definición da pesca artesanal debe ter en conta as peculiaridades do sector galego e aspectos clave como son as artes de pesca e o seu impacto no ecosistema mariño, o tempo de permanencia no mar, o número de tripulantes das embarcacións, así como o impacto económico nas poboacións costeiras. O novo FEMP aprobado hoxe si establece que un dos obxectivos do fondo é o desenvolvemento das comunidades costeiras e a mellora de condicións de traballo a bordo. Para Miranda resulta salientable que recolla a posibilidade de destinar fondos para accidentes de barcos no mar durante as actividades pesqueiras. Estes fondos poderán ser concedidos aos barcos rexistrados como en activo e que desenvolvesen a súa actividade polo menos 120 días nos últimos 2 anos.


Denominacións de orixe 

Entre outros elementos aprobados hoxe no novo FEMP figura o recoñecemento da diversidade de produtos elaborados con peixe e mariscos, e mesmo abre a porta a que se apoien estes produtos co fundo, así como o recoñecemento e rexistro de Denominacións de orixe protexidas. Propón asemade compensacións polo uso de equipos de pesca e marisqueo sustentables.

“Lamentamos que o novo FEMP, que tivo como relator o deputado popular Gabriel Mato non recolle todas as nosas suxestións, pero si inclúe moitas delas, polo que consideramos que supón un avance a respecto do anterior. Seguiremos traballando duro para conseguir melloras para o sector galego”, subliñou Miranda. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias