A portavoz do BNG reiterou
que neste 8M as mulleres temos “moitas razóns para saír as rúas para loitar
contra a precariedade” e poñer fin as “contrarreformas laborais” que
precarizaron aínda máis as mulleres polo que fixo un chamamento a participar
masivamente nas mobilizacións “para
defender os nosos dereitos”, para pararlle os pes a “esa dereitona” que quere
levarnos para atrás e sobre todo para deixarlle ben claro aos diferentes
gobernos que “as mulleres queremos solucións”. O 8 M do ano pasado foi
histórico pero os gobernos “non tomaron nota”.
Este ano, engadiu, as
mulleres volveremos ás rúas para deixar atrás as discriminacións, as violencias
e precariedades porque “estamos fartas de vivir en desigualdade”, sentenciou.
Nunha cidade como Vigo que
é un emblema feminista, hoxe máis que nunca é necesaria a participación na folga e nas mobilización do
8M porque o mundo non pode seguir
construíndose coa exclusión da metade da sociedade.
Axenda feminista galega
A líder do BNG afirmou que
na axenda feminista galega hai que priorizar a loita contra a “precariedade”
feminina e para iso é preciso poñer en marcha unha mesa de diálogo entre o
sector do telemárketing e a Xunta de Galiza para respectar os dereitos de
conciliación e non obrigar ás traballadoras a acudir aos xulgados para a súa
reclamación. “Todas as administracións deben implicarse neste ámbito” e non
reducilo a que un presidente coloque un lazo lila o 8 M mentres os restantes
364 días do ano “non fai nada para resolver os problemas das mulleres ou
lexisla en contra dos dereitos das mulleres”.
Ao encontro
co sector de telemárketing tamén
asistiron as representantes do comité de
empresa de Unísono e Bosch e as integrantes da candidatura do BNG á Alcaldía de
Vigo, Elsa Quintas, Maribel Tato, María Alonso e
Raquel Pérez.
Sector do telemárketing
A portavoz nacional, asimesmo, mantivo un encontro, na cidade de Vigo, con traballadoras de
empresas de telemárketing e representantes dos comité das empresas, Unísono e
Bosch, esta última inmersa nun ERTE que afectará a 600 persoas.
Pide á Xunta "abrir unha mesa de
diálogo co sector do telemárketing para frear a deslocalización dos servizos e
loitar contra a precarización laboral
feminina".Tras poñer en
valor o traballo do telemárketíng, realizado na súa maior parte por mulleres, a portavoz
nacionalista salientou que o sector vive unha grave situación de precariedade, con contratacións temporais e a tempo parcial; baixos salarios; ritmos e
carga de traballo crecentes co fin de producir máis en menos tempo ao que sumou
a presión das empresas e as dificultades das mulleres para poder conciliar.
Entre as cuestións tratadas na xuntanza, Pontón
destacou que o 60% do persoal de Bosch son mulleres, da empresa e de ETTs e
xunto a Unísono, dan emprego a case 3.000 persoas en Vigo. Dende o mes de decembro, a redución de carga de traballo
de VODAFONE, cliente principal para o
que traballa o 60% do persoal de Bosch, provocou a deslocalización de parte dos servizos a Colombia e Exipto.
Neste sentido, a portavoz nacional do
BNG, asegurou que “a deslocalización dos servizos sería
freada se a atención aos clientes fose en lingua galega”. A Xunta de Galiza, insistiu,
debe implicarse e impedir a deslocalización. Dende o BNG, xa rexistramos varias
iniciativas parlamentarias nesta liña.
Pontón afirmou que se o traballo nun centro de
chamadas é considerado dos máis precarios pola inestabilidade e condicións laborais, traballar a través dunha ETT pode considerarse como a
“precariedade dentro da precariedade”. Departamento de comunicación