El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

ATENEO DE SANTIAGO

O Ateneo de Santiago conmemora o Día da Muller

08-03-2019 09:45:43
Cartel Os Luns do Ateneo.

Santiago | O vindeiro luns o Ateneo de Santiago conmemorará o Día da Muller cunha conferencia impartida pola Doutora María de la Fuente, Responsable do laboratorio de nano-oncoloxía do Hospital Clínico de Santiago.

O acto, que leva por título “Muller, investigación científica e avances en nanomedicina”, desenvolverase ás 20.00 horas na sede de Afundación de Santiago (Rúa do Vilar, 19) e poderá seguirse tamén en directo a través da web e redes sociais do Ateneo. María de la Fuente Freire, Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago, obtivo o Premio á Mellor Tese Doutoral “III SPLC-CRS and Eudragit Ph.D. Thesis Award” e xerou varias patentes que formaron parte da propiedade intelectual que deu lugar á fundación da división de nanomedicina de Advancell S.L., no ano 2004.

Participou en proxectos dirixidos á inhibición de procesos de invasión e metástase mediante a aplicación de terapia xénica e nanotecnoloxía así como no desenvolvemento preclínico de formulacións nanoparticulares e na avaliación de novas dianas e moléculas terapéuticas para o tratamento de tumores caracterizados pola súa alta agresividade. As súas principais liñas de investigación son a nano-oncoloxía, nanoteranóstico e terapéutica traslacional para combatir procesos de diseminación tumoral e metástase. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias