El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | BNG

Néstor Rego, Iago Tabarés, Maite Ferreiro e Carme da Silva, candidatos do BNG para tentar volver ao Congreso

09-03-2019 13:59:27
Ana Pontón, portavoz nacional.

O Consello Nacional do BNG aprobou hoxe o programa e candidaturas ao Congreso e Senado, candidaturas, que en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón, están conformadas por persoas que “suman e miran cara o futuro”. Nun escenario sen maiorías absolutas, afirmou, “1, 2, 3 deputados e deputadas do BNG son máis útiles para Galiza que 23 ao servizo de Sánchez, Casado ou Iglesias”.

Tras manifestar o seu orgullo como muller, feminista e galega pola masiva participación na folga das mulleres e mobilizacións do 8M, Pontón salientou a solvencia, compromiso e amplitude de onda das persoas que conforman as candidaturas do BNG ao Congreso e Senado. Por Lugo, Maite Ferreiro, da que destacou a “forza e o talento dunha muller feminista” ademais do seu labro como concelleira na cidade de Lugo.

Por Coruña, Néstor Rego, “unha persoa con traxectoria, compromiso e capacidade incuestionable para dar voz en Madrid ao noso país, como o fixo antes noutros espazos e lugares, desde o traballo pola cultura na cidade de Compostela, na  que foi tenente alcalde, ou á loita en favor dos dereitos e das liberdades democráticas e nacionais como  os 19 de Meirás”.

Por Ourense, o avogado, Iago Tabarés que  volve á primeira liña da política activa e do compromiso e  ilusión polo BNG. Unha persoa, dixo que coñece como poucas Ourense e que xa traballou pola súa provincia desde o Parlamento Galego. Pola provincia de Pontevedra, Carme Dasilva, da que destacou a súa grande capacidade de traballo e  intelixencia  para converter a cidade de Pontevedra nunha referencia premiada mundialmente como modelo de urbanismo, mobilidade e igualdade.

Eles e elas, recalcou Pontón,  “son os e as  cabezas dunhas candidaturas para sumar polo noso país”, e ás que  que se reincorporan voces que tamén estarán presentes como: O escritor  Suso de Toro, na  lista ao Congreso;  a exdeputada Tareixa Novo que encabezará a lista do BNG  ao Senado, e  o actor Miguel Pernas e o debuxante Kiko Da Silva, que apoiarán as candidaturas do BNG para que Galiza conte cunha voz propia.

“Este é o momento de Galiza, pero tamén é  o momento de non deixarse levar pola estratexia do medo que só quere que nada cambie”. Unha  estratexia que pretende asustarnos  con que ven o lobo, desde Andalucía. Pero o lobo, afirmou Pontón , xa está entre nós, é Feixóo e ese PP “antigalego, antisocial, antiigualdade, antimemoria histórica, e contrario aos  avances sociais para corrixir as desigualdades e  construír unha Galiza con máis capacidade e sobre todo,  sen  depender de ninguén”.  

O dilema, asegurou,  non está  “entre o facherío militante e os que non quixeron derrogar a Lei Mordaza, a reforma laboral do PP e tampouco quixeron acabar coa agravio  a Galiza nos orzamentos do Estado. O dilema é “se queremos cambiar o rumbo para que Galiza conte ou seguir nesta inercia que nos precariza  e nos fai ser cada vez menos. Galiza non pode quedar sen unha voz que a defenda no Congreso, a partir do 28 de abril, concluíu. Departamento de comunicación


 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias