El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | RECICLAXE DE VIDRIO

Galicia rexistra en 2018 o maior incremento porcentual da taxa de reciclaxe de vidrio da última década

12-03-2019 12:27:07

O conxunto dos galegos reciclou no pasado ano un total de 48.308 toneladas, é dicir, 5.000 toneladas máis que no ano 2017; o que se traduce nun incremento porcentual dun 11% e que representa o maior incremento en porcentaxe rexistrado na Comunidade galega na ultima década e superando en dous puntos o incremento a nivel estatal.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, presentaron hoxe os resultados de reciclaxe de vidro, que no caso de “Galicia arroxa uns datos espectaculares”, pois a recuperación destas máis de 48.000 toneladas de vidro implican que cada galego reciclou unha media de case 18 kg ou o que é o mesmo unha media de 68 envases de vidro por habitante.

Grazas ao compromiso e á implicación dos galegos, Galicia sitúase como a segunda comunidade que rexistrou unha maior incremento na recollida selectiva a través do contedor verde, só por detrás da Comunidade de Madrid.

Ángeles Vázquez salientou que o éxito destas cifras tamén pon en valor a concienciación dos galegos co coidado do medio ambiente e os beneficios que a reciclaxe supón para a contorna e o futuro. Argumentou que unha das claves que está detrás destas cifras é a sensibilización e a concienciación, polo que transmitiu o seu desexo para seguir colaborando con Ecovidrio na posta en marcha de iniciativas como a campaña E ti de quen ves sendo; o fomento de actuacións de reciclaxe deste tipo de residuos nas festas populares, gastronómicas e eventos deportivos... ou en accións solidarias e de sensibilización como a campaña Recicla Vidro por elas.

Salientou que Galicia non se debe quedar atrás nesta carreira e engadiu que as melloras rexistradas neste eido son indicadores de que “Galicia pode e debe ser un referente na economía circular”. Ao mesmo tempo explicou que estas cifras son un reflexo de madurez social con respecto á xestión deste residuo, pois no ano 2000 a taxa de reciclaxe situábase nun 31,3% e na actualidade está nun 76,5%, e agradeceu a Ecovidrio o labor realizado ao longo destas décadas para concienciar e mudar os hábitos da sociedade en xeral e dos galegos, en particular. 


As cifras de vidro en Galicia 

Tal e como avanzaron a conselleira e o xerente de zona de Ecovidrio, en Galicia recicláronse 48.308 toneladas de residuos de envases de vidro a través do contedor verde en 2018. Ditos resultados demostran a tendencia ascendente e sostida que ano a ano se rexistra na Comunidade autónoma.

Galicia é a segunda comunidade do conxunto de España que rexistrou o maior incremento interanual da última década, cun 11% respecto das cifras rexistradas no ano 2017 e, ao mesmo tempo, está dentro das dez primeiras comunidades con mellores taxas de reciclaxe. 

Cada cidadán reciclou unha media de case 18 kilos (17,9) o que equivale a 68 envases por habitante; equiparando a media de España, xa que no 2018 se reciclaron 893.989 toneladas de residuos, unha media de 18 kg/hab e 68 envases por persoa. 

A contenerización é un aspecto fundamental para facilitar a reciclaxe de vidro. Así, no pasado ano se instalaron case 700 novos contedores, incrementando o parque nun 4,5%, ata acadar os case 16.000 iglús verdes na comunidade.

Para concluír, a conselleira destacou que este bo comportamento da Comunidade galega é un gran de area que suma no cumprimento e superación por parte de España nas esixencias marcadas pola Unión Europea, que sitúa a taxa de reciclaxe nun 60% e segundo as cifras estimadas sobre a taxa de reciclaxe en España supera en 16 puntos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias