El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

VIGO

A Xunta e os concellos da área de Vigo acordan renovar para 2020 o Plan de transporte metropolitano

13-03-2019 14:39:06
Comisión de seguimento do Plan de Transporte.

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, xunto co delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, participou hoxe na Comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo, que acordou a renovación do Plan para o ano 2020, cun orzamento de preto de 1,4 millóns de euros

Segundo este acordo, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade achegará 1,1 millóns de euros, correspondéndolles ao conxunto dos 12 concellos integrantes da área de transporte preto de 266.000 euros. 

Este plan permite viaxar nesta área a través dun sistema de billete único e da coordinación entre o transporte interurbano e o bus urbano. Os usuarios que aboan as viaxes coa tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia acceden a descontos nas viaxes interurbanas. 

O convenio prorrogado hoxe supón tamén descontos adicionais do 15% para os usuarios recorrentes (aqueles que realizan máis de 40 viaxes ao mes) e bonificacións tamén para membros de familias numerosas, neste caso de entre o 20% e o 50% en función da categoría. 

Ademais, os menores de 19 anos poden viaxar de balde empregando a tarxeta Xente Nova.A Área de Transporte Metropolitano de Vigo está integrada por un total de 12 concellos: Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior. 

O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia está a funcionar actualmente en cinco áreas de Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo e Vigo) con 65 concellos incorporados.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias