El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

GALICIA | VIOLENCIA DE XÉNERO

O DOG publica as indemnizacións económicas para orfos e mulleres gravemente feridas por violencia de xénero

14-03-2019 10:56:39

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axuda destinada a habilitar indemnizacións económicas para os menores de 30 anos orfos por causa da violencia de xénero, e para as mulleres gravemente feridas como consecuencia tamén da violencia de xénero. Segundo se establecen nas bases, as indemnizacións para ambos casos ascenderán a unha contía de 7.000 euros.

Terán dereito a estas novas axudas, no caso dos orfos, os menores de idade que conviviran coa súa nai; ou os maiores de idade ata os 30 anos que dependesen económica da nai ou do pai/agresor. No caso das mulleres gravemente feridas, aquelas que padeceran lesións por culpa da violencia de xénero que requirisen de hospitalización. 

Estas axudas inscríbense, por unha banda, no Plan de acompañamento e asesoramento a menores orfos que a Xunta puxo en marcha en xaneiro deste ano a través da sinatura dun acordo de colaboración co Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, co Colexio oficial de Graduados Sociais, coa Asociación galega de profesionais da auditoría sociolaboral de xénero e da prevención do acoso e da violencia de xénero nas organizacións (Agaxen), e co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg).  

Este Plan destinado aos menores orfos inclúe, ademais da indemnización económica que se aproba hoxe, asumir os custos de sepelio das nais, ofrecer axuda en todos os trámites administrativos que sexan necesarios e facilitar unha atención socio-educativa integral, apoiando tamén ás persoas que asuman o coidado dos menores.  

Coa publicación destas axudas, avánzase tamén no cumprimento en Galicia das distintas medidas establecidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias