El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA

A Xunta establecerá o cumprimento do calendario de vacinación para a matriculación nunha escola infantil pública ou concertada

14-03-2019 16:37:46
Núñez Feijóo, presidente de la Xunta.

O titular do Goberno galego, Núñez Feijóo, informou hoxe, na rolda de prensa do Consello, tras a valoración favorable por parte da Asesoría Xurídica da Xunta, de que a partir do curso 2019/20 se incluirá como requisito para a matriculación nunha escola infantil pública o axeitado cumprimento do calendario de vacinación. Para acto seguido puntualizar que tamén será de aplicación nas prazas públicas en escolas infantís privadas que se rexan polos prezos establecidos pola Xunta.

De xeito que, sinalou, esta determinación será incluída na resolución de matrícula que se publicará mañá mesmo no DOG. Ao que engadiu que os pais contarán con 8 días a partir da publicación da adxudicación da praza pública no Diario Oficial de Galicia para presentar un impreso de matrícula e unha copia da cartilla de vacinación da nena ou neno.


Durante a súa intervención, Feijóo precisou que para a Administración autonómica é prioritaria a protección da saúde dos menores e que esta decisión é perfectamente compatible cos dereitos e obrigas das familias, coa súa liberdade ideolóxica, relixiosa ou de culto. “O feito de que un cativo cumpra co calendario de vacinación non só protexe a súa saúde senón que tamén protexe a das nenas e nenos que o rodean no seu día a día” abundou.


A este respecto, o presidente da Xunta aseverou que se trata dunha decisión que ademais de contar co amparo da lexislación vixente está baseada en criterios médicos, conta co consenso da totalidade da profesión médica, e coa concienciación dunha elevadísima porcentaxe da sociedade galega.

En definitiva, concluíu, a partir do próximo curso comezarase a aplicar unha medida que conta cun amplo consenso social, que terá un importante potencial de concienciación e axudará a blindar a protección da saúde pública nun dos espazos máis delicados que existen, as escolas infantís.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias