El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación súmase a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

01-04-2019 14:34:07
Carmela Silva, presidenta da Deputación.

Pontevedra | A Deputación de Pontevedra sumarase este martes á celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que cada 2 de abril desde 2007 pon de relevo a necesidade de contribuír á mellora de calidade de vida das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA).

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrou o seu apoio á campaña de concienciación, que este ano ten o lema de “I ? autismo. Unha dinámica nova para o autismo”, e anunciou que, a petición da Asociación BATA, o pazo provincial tinguirase de azul desde a tarde-noite deste martes 2 de abril ata a mañá do mércores. O edificio da Deputación de Pontevedra será un dos 350 edificios do país que iluminarase de cor azul.

O movemento asociativo do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, traballa co obxectivo de promover unha imaxe real e positiva das persoas con TEA e contribúe a visibilizar a súa realidade e as súas necesidades, así como o seu talento e as súas capacidades. Este 2019 a campaña ten como obxectivo principal promover cambios positivos en varias áreas da vida das persoas con TEA a través de obxectivos específicos como: o aumento da concienciación social sobre o autismo e promover así un mellor coñecemento que inflúa na inclusión de persoas con TEA; aumentar a concienciación dos e das representantes políticos; e reclamar a aprobación e posta en marcha do Plan de Acción da Estratexia Española en TEA. Departamento de comunicación / Deputación de Pontevedra





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias