El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
José Antonio López Rodríguez
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación estrea o programa "Degusta Europa"

02-04-2019 17:52:37
Degusta Europa, no mercado do Grove.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asistiu hoxe no mercado do Grove ao arranque da cuarta edición do programa Degusta Europa, iniciativa programada e anual, que leva a vangarda e a innovación gastronómica a diferentes mercados e prazas de abastos da provincia, e que este ano está baseado na campaña provincial “Fame de Experiencias”. 

A presidenta explicou que Degusta Europa persegue varios obxectivos, pero o fundamental é “pór en valor a excelencia dos nosos produtos e da nosa formación en centros da provincia que xa son unha referencia onde fórmanse grandes profesionais que logo son os que van dirixir e atender todo o que ten que ver coa enogastronomía, coa gastronomía e coa atención ás persoas que nos visitan”. Carmela Silva estivo acompañada polo alcalde do Grove, José Cacabelos, e polo director do Centro Carlos Oroza de Pontevedra, Manuel Hermo Piñeiro. 

Degusta Europa tamén busca “amosar a gastronomía como un elemento de relación entre todos os países europeos. Formamos parte dese gran club que é Europa, que son as persoas que vivimos nos países da UE, e a gastronomía é un elemento de relación e comunicación, o foi sempre. Os produtos movíanse por toda Europa e eran elementos de comunicación cando era moi difícil comunicarse. Pois nós aquí queremos poñer en valor a Europa das persoas, centrándonos no produto e na gastronomía”, dixo Silva.

Outro obxectivo que persegue Degusta Europa é valorizar os mercados de proximidade. Tal e como sinalou a presidenta provincial, “os mercados teñen futuro e as administracións temos que apostar por eles e polo que aquí podemos atopar, produtos de quilómetro cero e produtos de cercanía. Temos que resaltar ademais que as relacións humanas entre os praceiros e praceiras e mailas persoas que veñen mercar non se producen noutros sitios”. 

Degusta Europa está vinculado este ano á campaña de Fame de Experiencias, centrada na enogastronomía, polo que hoxe no Grove tamén tiveron un papel protagonista os caldos e produtos vitivinícolas das Rías Baixas. Para beber, no Grove houbo auga da Estrada e bellini de melocotón.  O menú que puido degustarse no mercado do Grove foi: galletas mariñeiras con paté de marisco, croquetiñas variadas de peixe, marisco e empanada de mazá da Estrada.

Pola súa parte, o alcalde do Grove agradeceu que Degusta Europa comece no Grove, xa que se trata dun programa no que “conflúen varias cousas nas que traballamos arreo para ser unha referencia e mellorar a excelencia. No coidado e no mimo ao produto somos unha referencia, recoñecidos xa como un pobo de referencia gastronómica e por iso agradecemos empezar aquí”. José Cacabelos resaltou tamén a importancia da formación, “porque cada vez máis, a xente que nos visita o que quere son experiencias e emocións, e iso só se consegue con profesionais que ofrezan un servizo de calidade”. 

As seguintes paradas de Degusta Europa serán Bueu, Pontevedra, Baiona, A Guarda e Vigo. Os centros que fan as propostas culinarias son o centro Carlos Oroza, coma hoxe no Grove, e mailo centro Manuel Antonio de Vigo.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias