El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

Conferencia sobre "fake news" nos Luns do Ateneo

05-04-2019 16:32:12
Cartel Os Luns do Ateneo.

Santiago de Compostela |  Este luns, día 8 de abril, o Ateneo de Santiago levará a cabo unha nova conferencia de Os Luns do Ateneo na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela. Nesta ocasión o convidado para desenvolver esta tarefa será o xornalista de referencia internacional Ramón Lobo, quen tratará un tema tan de actualidade como son as 'fake news'. 

Na conferencia titulada “Periodismo de guerra en tempos de fake news", que terá lugar ás 20.00 horas e tamén se poderá seguir en directo a través da páxina web e redes sociais da asociación, o reporteiro de guerra explicará como os xornalistas intentan poñer cancelas ás falsas noticias que se espallan tan facilmente por internet e que teñen provocado graves alteracións na historia da humanidade, chegando a ser decisivas para desencadear conflitos bélicos e mesmo para a resolución dos mesmos cara a un ou outro bando.

Licenciado en Periodismo pola Universidade Complutense de Madrid, Ramón Lobo traballou dende 1975 en diversos medios de comunicación como a axencia Pyresa, Radio Intercontinental, Heraldo de Aragón, Radio 80, Actual, La Voz de América, Expansión, Cinco Días, La Gaceta de los Negocios e El Sol. Entre 1992 e 2012 traballou como redactor da sección Internacional de El País, cubrindo diversos conflitos como os de Croacia, Serbia e Kosovo, Bosnia-Herzegovina, Albania, Chechenia, Irak, Líbano, Arxentina, Haití, Ruanda, Nixeria, Guinea Ecuatorial, Serra Leona, Uganda, Congo, Zimbabue, Namibia e Filipinas. En 2001 recibiu o XVIII premio de periodismo Cirilo Rodríguez, outorgado pola Asociación da Prensa de Segovia. Leer más





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias