El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

PAZO DE MARIÑÁN

O Pazo de Mariñán acolle as XII Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano

08-04-2019 16:32:56
Xornadas de de Dereito Administrativo Iberoamericano

Expertos en Dereito administrativo de catorce universidades de España, Arxentina, Nicaragua, Uruguay, Costa Rica, Venezuela, México, El Salvador, Colombia, Perú e Brasil participan durante este semana no Pazo de Mariñán (Bergondo) na XII edición das xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano, que esta mañá comezaron cunha conferencia do xurista Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón e unha mesa redonda sobre “Boa Administración. Estado e sociedade”.  

Hoxe terá lugar a conferencia especial de Joao Antonio Da Silva, Presidente do Tribunal de Contas de Sao Paulo (Brasil) e unha mesa redonda sobre “Novas claves do Estado do Benestar”.  
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que participará o venres no acto de clausura do congreso, destacou a longa traxectoria de colaboración entre a institución provincial e a UDC para “converter á provincia da Coruña, por duodécimo ano consecutivo, no epicentro do Dereito Administrativo Iberoamericano”. Departamento de comunicación / Deputación da Coruña
 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias