El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

A CORUÑA

Máis de 400 escolares participaron na final do Campionato Provincial de Orientación en Acea de Ama

09-04-2019 14:07:43
Campionato Provincial de Orientación.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou na entrega de trofeos da final do campionato provincial escolar de Orientación no complexo deportivo de Acea da Amá, que contou coa colaboración na organización da APA Liceo. No campionato provincial de Orientación, participaron más de 400 escolares, sendo unha actividade que está dentro del currículum escolar da asignatura de educación física.

O delegado territorial destacou que “nos últimos anos esta disciplina experimentou un crecemento importante na participación escolar. Nesta ocasión competiron nenos e nenas de Ferrol e Noia e invitouse. a unha proba experimental. a escolares de centros da zona da Coruña que se iniciaron neste deporte”. 

Concretamente, na competición oficial participaron alumnos dos IES As Mariñas, IES Fragas do Eume e CPI Virxe da Cerca de Ferrolterra e dos IES de Ames, IES As Insúas, IES Leliadoura, IES Porto do Son, IES Praia de Barraña e IES Virxe do Mar de Noia da zona do Barbanza. Fóra do campionato oficial tiveron a oportunidade de practicar este deporte alumnos do IES Agra do Orzán, IES Alcalde Xosé Picel, IES Rego de Trabe e Liceo Coruña. 

Nesta fase final, competiron 400 rapaces e rapazas, que foron seleccionados en fases locais na zona de Ferrol e do Barbanza, que se celebraron en febreiro e marzo, nas que participaron 800 escolares. 

A competición consistiu nunha carreira individual sobre terreo variado, cun percorrido determinado, cunha serie de controis que o deportista tivo que descubrir por itinerarios elixidos por él mesmo, empregando únicamente un mapa e un compás. Ovidio Rodeiro destacou que “a Orientación reúne características que a fan moi atractiva porque se desenvolve nun entorno natural e require aunar tanto esforzo físico como axilidade mental. 

”Este campionato está encadrado dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia no que se fomenta e se promociona o deporte en idade escolar. A Secretaria Xeral para o Deporte ofrece unha ampla oferta deportiva a todos os centros escolares, escolas deportivas municipais e clubes deportivos.  Xogade ofrece un seguro deportivo gratuito aos participantes, unha organización gratuita ás entidades e un transporte gratuito sempre en función da dispersión xeográfica da actividade. 

O ano pasado, na provincia da Coruña, o balance das actividades organizadas dentro do programa Xogade foi: 

• 437 entidades participantes das 121 foron centros escolares. 

• 3.462 equipos 

• 34.942 deportistas





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias