El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

GALICIA

Axudas para a promoción das festas de interese turístico de Galicia

15-04-2019 19:36:47

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases da nova convocatoria de axudas para a promoción das festas de interese turístico de Galicia, coas que se apoia a súa difusión e promoción e se incorpora ademais a cobertura dos gastos para a posta en marcha da campaña de información e sensibilización fronte a violencia sexual en espazos públicos emprendida no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva, de xeito que as solicitudes recibidas no prazo establecido serán atendidas respectando a súa orde de incoación ata o esgotamento do crédito dispoñible e por rigorosa entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.Están destinadas aos concellos galegos nos que se celebren algunha das 124 festas de interese turístico de Galicia e contribúen ao apoio, promoción e difusión destas celebracións. Tamén inclúe a posta en marcha, durante a festa, da campaña Agresión Off, Eu digo non á violencia sexual.

As festas poderán obter unha axuda de 6.000 euros, xa que as actuacións subvencionables relativas á promoción e difusión poderán acadar un máximo de axuda de 3.000 euros e as relativas á campaña de información e sensibilización fronte a violencia sexual en espazos públicos outros 3.000. En total, a liña de subvencións conta cun investimento global superior aos 600.000 euros coa colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.  

Amais, e como se indica nas bases, a Consellería de Cultura e Turismo conta cun convenio coa entidade financeira Abanca, polo que cada celebración pode acceder a unha axuda adicional de 1.500 euros. Os requisitos, prazos e documentación necesaria para concorrer a estas axudas están dispoñibles na resolución do DOG publicada hoxe.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias