El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación e o CSIC Galicia foralecen relacións

16-04-2019 19:29:37
Carmela Silva (i), Elena Cartea e Antonio de Ron.

Pontevedra | A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao novo delegado institucional do CSIC en Galicia, Antonio de Ron, e á directora da Misión Biolóxica de Galicia, Elena Cartea, “un día moi especial, dixo a presidenta provincial, porque poñemos en valor campos do coñecemento tan relevantes como a ciencia e a investigación”.

Silva resaltou "a importancia de levar a ciencia e a investigación aos centros educativos, para transmitir o seu valor as nenas e nenos e a toda mocidade da nosa provincia. Queremos conseguir espertar o interese investigador e para iso hai que poñer recursos e as administracións temos que estar aí”. Tamén engadiu que “imos estudar a posibilidade de realizar actividades comúns que persigan o marabilloso obxectivo de que a ciencia chegue a todos os lugares porque con ela promovemos a igualdade de oportunidades e fomentar a realización de proxectos  que teñen o poder de cambiar o mundo".

Na mesma liña, Antonio de Ron, delegado institucional do CSIC Galicia desde o pasado mes de febreiro, sinalou que "queremos levar o CSIC e o noso traballo á toda sociedade e consideramos moi importante transmitir a ciencia a través de actuacións escolares, visitas divulgativas e visitas guiadas”. O delegado institucional do CSIC en Galicia rematou agradecendo á presidenta da Deputación de Pontevedra a recepción e subliñando que "o que quere o CSIC é fortalecer os pontes de colaboración que xa existen coa Deputación de Pontevedra, propietaria das instalacións da Misión Biolóxica".

Por último, Carmela Silva agradeceu sinceramente o ofrecemento do CISC para empregar os seus recursos e espazos para que a Deputación poida realizar diferentes actividades. Apuntou. Departamento de comunicación / Deputación de Pontevedra





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias