El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

SANTIAGO | PONFERRADA

Santiago e Ponferrada acollerán probas Celga o vindeiro mes de xuño

18-04-2019 12:57:37

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten aberto ata o 25 de abril o prazo para matricularse nas probas para a obtención dos certificados de lingua galega que se celebrarán en Santiago de Compostela (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) e en Ponferrada (niveis 2, 3 e 4) o vindeiro mes de xuño.

As datas concretas de realización dos exames, así como os horarios e as sedes onde se desenvolverán, publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Portal da Lingua Galega unha vez que finalice o mencionado prazo e se coñeza o número exacto de aspirantes para cada un dos niveis, un dato imprescindible para organizar toda a loxística que requiren as probas. 


Sistema Celga 

O Celga é o certificado en lingua galega que expide a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis. Trátase dun modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa, no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz.

O Celga proporciona unha base común para a elaboración de programas de linguas, orientacións curriculares, exames, manuais etc. en toda Europa e confígurase en distintos niveis de coñecemento. Para isto, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos en lingua e comunicación (aqueles aspectos relacionados coas funcións comunicativas) e lingua e sistema (os vinculados co coñecemento do código e contidos socioculturais).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias