El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | ELECCIÓNS 28A

Marta Rivera: "Cs propón un plan especial para o coidado do patrimonio do rural"

20-04-2019 13:49:02

Ribeira | A candidata de Cs ao Congreso pola Coruña, Marta Rivera, visitou hoxe Ribeira acompañada pola candidata á alcaldía desta localidade coruñesa, Laura Riveiro, para coñecer as preocupacións dos seus veciños e trasladar o proxecto de Cidadáns. “As preocupacións son as mesmas en todos os lugares que visitamos: paro, pensións ou bolsas. Sitios distintos, mesmas preocupacións” Unha das apostas de Cs pasa por crear un plan especial para o coidado do patrimonio rural.

“Dedicaremos unha parte importante do 1,5% cultural do Orzamento do Ministerio de Fomento xa que hai verdadeiras xoias nos nosos pobos”, destacou Rivera. A candidata pola Coruña asegurou que Cs quere “inventariar, catalogar e actuar sobre todo o patrimonio en perigo”.

Por último, asegurou que “Pedro Sánchez tívose que encartar ao que era xusto e facer ese debate dobre” e lamentou que “tivésemos que chegar a esta situación”. Neste sentido, lembrou que en Galicia “temos unha televisión pública que se nega a ofrecer unha información plural e segue vetando a CS nesta campaña”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias