El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Nacional

GALICIA | ELECCIÓNS 28A

Maite Pagaza: "Hai que dar solucións ao sector pesqueiro e non crear máis problemas"

22-04-2019 16:24:01
Maite Pagazaurtundua (c), na lonxa de pesca de Vigo

A número 2 de Cs ao Parlamento Europeo, Maite Pagazaurtundua, mantivo hoxe varias reunións con representantes do sector pesqueiro pontevedrés e estivo á primeira hora da mañá visitando a lonxa de pesca de Vigo acompañada da candidata de Cs ao Congreso por Pontevedra, Beatriz Pino, para coñecer de preto as preocupacións deste sector “tan importante en Galicia”.

“A nosa formulación é non dar máis problemas dos que xa hai e solucionar aqueles que existen”, así o asegurou Pagaza a preguntas dos xornalistas, tras manter unha reunión cos responsables de Conxemar. A candidata ao Parlamento Europeo ha destacado que hai que crer e entender a un sector fundamental para Vigo, Galicia e toda España.

Para iso, considera que é prioritario lexislar e, ao mesmo tempo, hai que “coordinarnos mellor e dar solucións ao sector, xa que temos que ser fortes como país para poder defendelo”. Por último, destacou que no Brexit é importante que España sexa forte. Temos que ser moi fortes no grupo dos liberais e demócratas”.

Pola súa banda, a candidata por Pontevedra, Beatriz Piñeiro, asegurou que a presenza de Maite é “moi importante para nós xa que a súa voz será fundamental en Europa a partir de maio”. Pino asegurou que o sector “necesita ser parte implicado nas negociacións que se fagan na Unión Europea e piden equiparación de condicións respecto a frotas comunitarias, e que se teña en conta a competencia co mercado chinés”. Para finalizar, a candidata por Pontevedra destacou que hai que “darlles as ferramentas necesarias para apoiar á frota galega”. Departamento de comunicación / Ciudadanos





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias