El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Marita Seara Fernández
Piñeiro Docampo
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación recibe 700.000 euros de Europa

25-04-2019 16:13:53
Novas achegas do Fondo Social Europeo.

Pontevedra | A presidenta da Deputación informou hoxe de novas achegas do Fondo Social Europeo por valor de 712.373,15 euros para a mellora da eficiencia enerxética nos concellos de Tui, A Guarda, Nigrán, Barro, Cambados, Caldas, Portas, Rodeiro, Meis e Salvaterra. Estes novos recursos enmárcase no proxecto europeo que lidera a institución provincial que, cun orzamento total de 4 millóns de euros, vai impulsar a eficiencia enerxética en  43 concellos da provincia.   Máis polo miúdo, con estas novas achegasm en A Guarda actuarase en 251 luminarias que supoñen un aforro enerxético do 59% e un investimento de 78.938,30 €; en Tui as actuacións efectuarase en 190 luminarias, cun aforro do 85% e  investimento de 49.166,51 €; en Nigrán actuarase en 169 luminarias que supoñen un aforro enerxético do 66% e un investimento de 67.287,64 €; en Barro as actuacións efectuaranse en 197 luminarias que supoñen un aforro do 69% e un investimento de 78.97,38 €; en Cambados actuarase en 309 luminarias cun aforro do 72% e un investimento de 78.722,90 €; en Caldas as actuacións serán en 117 luminarias que supoñen un aforro do 70% e investimento de 41.670.87 €; en Portas actuarase en 228 luminarias cun aforro do 67% e un investimento de 79.715,78 €; en Rodeiro as actuacións serán en 285 luminarias que supoñen un aforro do 70% e un investimento de 77.963,78 €; en Meis actuarase en 282 luminarias cun aforro do 59% e investimento de 79.989,45 €; e en Salvaterra actuarase en 221 luminarias que supoñen un aforro do 66% e un investimento de 79.960,54 €.   Coa nova aprobación de 712.373,15 euros, que se suma aos 1,72 millóns de euros xa concedidos a comezos de abril, a Deputación dispón de 2.432.373,10 euros para substituír 6.134 puntos de luz por luminarias LED que xerarán un aforro estimado do 61% en 34 concellos da provincia. Así, xunto aos dez concellos para os que se veñen de aprobar recursos, tamén se benefician xa do proxecto Tomiño, Covelo, Meaño, Poio, Vilanova de Arousa, O Porriño, Silleda, Pontecesures, Crecente, As Neves, Oia, Arbo, Fornelos de Montes, O Grove, A Illa de Arousa, Mos. Moraña, Baiona, Soutomaior, Mondariz, Pazos de Bordén, Moaña, O Rosal e Cuntis. Departamento de comunicación / Deputación de Pontevedra





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias