El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

As axudas para a mellora da accesibilidade e sinalización deixarán na comarca da Coruña máis de 164.000 euros

02-05-2019 18:14:16

A Xunta de Galicia investirá este ano máis de 164.000 euros en sete concellos da comarca da Coruña ao abeiro da orde de axudas da Consellería de Cultura e Turismo que ten como finalidade o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural de cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais

O representante do goberno autonómico destacou que “estas axudas van dirixidas a mellorar a calidade dos recursos turísticos dos concellos para facelos máis atractivos aos visitantes”. Neste senso, apuntou que “estas subvencións están orientadas ao fomento e posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística dos concellos”. 

Cómpre lembrar que o Goberno galego ampliou o ano pasado os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou xeodestinos, entre outros, co obxectivo de afondar na colaboración coas administracións locais e mellorar as infraestruturas turísticas a través do seu embelecemento, a mellora da sinalización ou da accesibilidade, principalmente. 

Os concellos nos que se realizarán obras ao abeiro destas axudas son Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Aranga, Abegondo, Mesía e Sobrado. Entre as actuacións máis relevantes destacan os máis de 39.000 euros para a adecuación dun espazo destinado ao estacionamento temporal de vehículos no lugar de Paraxón-Begade en Oza-Cesuras e os máis de 34.000 euros para a colocación dunha baranda de seguridade nas Brañas de Valga en Mesía. En toda a provincia, a Consellería de Cultura e Turismo apoiará a realización de 24 actuacións cun investimento total que supera os 581.000 euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias