El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

LUGO

Presentado a Semana do Comercio Xusto en Lugo

03-05-2019 20:01:57
Presentación da Semana do Comercio Xusto en Lug

Lugo | A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, xunto a un representante do colectivo Lugo Xusta, Héctor Otero, presentaron hoxe, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a programación, organizada por ambas entidades, para conmemorar a Semana do Comercio Xusto.
 
A primeira das actividades terá lugar o xoves, 9 de maio, ás 21:30 horas, no Bodegón A Fouce, na rúa Ramón Montenegro. Trátase dunha cea de confraternización elabora con produtos de comercio xusto e ecolóxicos. Para participar é preciso inscribirse en lugoxusta@gmail.com. Ten un prezo de 12 euros.
 
O resto da programación celebrarse o sábado, 11 de maio, dende as 10:30 horas, na Praza Maior de Lugo. Concretamente é unha Feira de produtos ecolóxicos, que contará con actividades de sensibilización, como un contacontos con Anxo Moure, ás 11:00 horas, xogos lúdico-deportivos con Adestro Conciencia ás 12:00 horas, e teatro a partir das 13:00 horas, a cargo de Malala Teatro con Palimoco.
 
Para Rosana Rielo esta celebración na cidade cobra unha significación especial, pois Lugo traballa arreo para converterse na primeira cidade de Galicia polo comercio xusto. Departamento de comunicación / Lugo





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias