El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

O Ateneo de Santiago celebra o primeiro debate dos candidatos á Alcaldía

05-05-2019 10:06:44
Cartel Os Luns do Ateneo.

Santiago de Compostela | O vindeiro luns, o Ateneo de Santiago dará inicio á campaña das eleccións municipais do 26M co primeiro debate dos principais candidatos á Alcaldía compostelá. Baixo o título “O proxecto cultural da cidade”, Martiño Noriega de CA, Agustín Hernández do PP, Xosé S. Bugallo do PSOE e Goretti Sanmartín do BNG exporán, durante 10 minutos cada un, as propostas culturais máis relevantes dos seus respectivos programas electorais a desenvolver durante a vindeira lexislatura na cidade.

A continuación, abrirase unha quenda de preguntas, na cal os asistentes ao acto poderán formularlle aos candidatos as cuestións relativas ás súas respectivas políticas culturais que consideren oportunas. Este primeiro encontro dos catro candidatos coa cidadanía compostelá terá lugar, como todas as actividades dos Luns do Ateneo, ás 20 horas na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela, podéndose seguir igualmente en directo a través do facebook da entidade. Leer más





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias