El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Boiro, Outes, Fisterra, Malpica, A Coruña e Ortigueira acollerán os cursos da campaña de vela da Deputación

06-05-2019 12:30:01
Campaña de vela da Deputación da Coruña.

Un total de 240 nenas e nenos da provincia da Coruña aprenderán a navegar a vela este verán coa Deputación. Os concellos de Boiro, Outes, Fisterra, Malpica, A Coruña e Ortigueira acollerán este ano, entre o 1 de xullo e o 9 de agosto, os cursos da campaña de vela 2019 da Deputación da Coruña. Nos mesmos poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.  

Os interesados en participar nos cursos deben formalizar a inscrición no seu concello, entregando a ficha de inscrición que pode descargarse da páxina web da Deputación da Coruna, debidamente cumprimentada e asinada polos pais ou titores dos solicitantes. A cota de inscrición será de 25 euros e é obrigatorio saber nadar.  

Nos cursos, que terán unha duración de cinco días en quendas de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións naúticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes. Departamento de comunicación / Deputación da Coruña





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias