El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

Penúltima sesión do II Ciclo Cinema e Educación do Ateneo de Santiago

06-05-2019 14:52:48
Cartel do Ciclo Cinema e Educación.

Santiago de Compostela | O martes, o Ateneo de Santiago, coa colaboración de Afundación, levará a cabo a penúltima sesión das cinco previstas para o II Ciclo Cinema e Educación, que se inaugurou o pasado 2 de abril e co cal se pretende mostrar como o cine se ten enfrontado a diferentes aspectos da realidade educativa en Europa, dende os anos trinta do século pasado ata os primeiros deste século XXI.

Nesta ocasión, a análise centrarase no sistema educativo español do século XX coa proxección da película de Pedro Almodóvar La mala educación (non recomendada para menores de 18 anos), onde se conta a historia de dous mozos, Ignacio e Enrique, que estudaron nun colexio relixioso a principios dos anos 60, sendo o seu director e profesor de literatura o Padre Manolo, co cal se reencontran nos anos 80, feito que marcará as súas vidas.

A sesión, de entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala, comezará ás 19.00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, e estará presentada por Rafael Martínez Castro, Profesor de Filosofía e Antropoloxía da USC, quen tamén dirixirá o Faladoiro posterior. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias