El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA

A Xunta destina 36 millóns á formación das persoas desempregadas

07-05-2019 12:37:32
Formación para desempregados.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, publica hoxe no DOG a convocatoria de axudas para os cursos de formación para desempregados que se imparten en centros homologados pola Administración para 2019-2020, así como as bases reguladoras deste procedemento de concorrencia competitiva.

En total, destinaranse 36M€ co obxectivo de beneficiar a 13.500 alumnos a través de 900 cursos. En concreto, un 33% ás provincias da Coruña e Pontevedra e un 17% ás de Lugo e Ourense. Reservarase o 5% de cada unha das anteriores contías ás solicitudes de financiamento para accións formativas en competencias clave e outro 5% para especialidades formativas da familia profesional de edificación e obra civil. Ademais, haberá unha reserva equivalente, do 25%, para especialidades formativas vinculadas cos sectores do metal, do naval e da automoción, e outra reserva dun 15% das mesmas aplicacións orzamentarias para especialidades formativas de informática e comunicacións, vinculadas coas competencias dixitais. 

As accións formativas empezarán en setembro deste ano, e poderán impartirse ata o 30 de setembro de 2020. Aos apoios poden acceder as entidades que sexan titulares de centros e entidades de formación acreditados e/ou inscritos pola Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral de Galicia: empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos. O prazo para presentar as solicitudes abrirase mañá, 8 de maio, e rematará o 10 de xuño. 

Outorgaranse, ao igual que ata o de agora, máis puntos na baremación aos cursos relacionados coa Industria 4.0 e competencias dixitais, as especialidades con maior demanda ou maior inserción laboral e as accións relacionadas con competencias de idiomas, coñecementos financeiros, xurídicos e do funcionamento das administracións públicas. 

A formación para desempregados enmárcase na Axenda 20 e é un reto prioritario para o Goberno galego que traballa, ademais, na adaptación dos perfís profesionais ás demandas que está requirindo o tecido produtivo nesta nova era tecnolóxica.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias