El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Gonzalo Caballero: "Estamos en condicións de avanzar en número de votos e en concelleiros nas sete cidades"

08-05-2019 20:09:26

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compareceu hoxe ante os medios para abordar o arranque da campaña de cara ás vindeiras eleccións municipais e europeas, e sinalou que “estamos en condicións de avanzar en número de votos e en concelleiros nas sete cidades galegas” mentres o PP “vai retroceder” en todas elas.


Despois da vitoria “histórica” nas xerais do pasado 28 de abril, o líder do PSdeG explicará nesta campaña que “o que máis convén” á cidadanía galega é ter un alcalde ou alcaldesa socialista. “Somos a mellor opción en cada concello, porque somos a esquerda que sabe gobernar”, recalcou Gonzalo Caballero.



Ademais, como sinalou, o PSdeG-PSOE representa “a mellor garantía de avance e progreso” e o único “freo” ante a “involución” que supoñen “as tres dereitas reaccionarias”. “Porque temos que ter presente que se as tres dereitas suman nalgún concello, gobernarán”, advertiu o secretario xeral dos socialistas galegos, tamén coa vista posta no “retroceso” que supoñen para o proxecto europeo.



Así pois, Gonzalo Caballero explicou que os socialistas encaramos a campaña que comeza mañá a medianoite “en positivo” e de xeito “moi intenso”, coa súa presenza nos distintos concellos e bisbarras, para “acadar unha mobilización masiva”. Contará, ademais, co apoio de diferentes membros do goberno e da dirección federal do PSOE.



Encabezados polo presidente do goberno en funcións e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, que visitará Galicia a próxima semana, tamén está prevista a presenza da vicesecretaria xeral, Adriana Lastra; do secretario de Organización e ministro de Fomento, José Luis Ábalos; e do ministro de Asuntos Exteriores e cabeza de lista ás europeas, Josep Borrell, entre outros.



Canto á apertura de campaña en Galicia, Gonzalo Caballero estará en Ourense no acto de pegada de carteis por ser a única cidade que gobernou o PP neste mandato e na que amosou “unha xestión desastrosa”, pois en catro anos nin conseguiu sacar adiante os orzamentos nin avanzar de xeito claro no planeamento urbanístico. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias