El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

O Ateneo de Santiago conmemora as Letras Galegas con “Fraguas, o traballo calado”

12-05-2019 12:45:50
Antón Fraguas.

O Día das Letras Galegas adiántase ao próximo luns 13 nunha nova sesión dos Luns do Ateneo. Nesta ocasión, será momento de lembrar ao homenaxeado nesta celebración, Antón Fraguas, coa conferencia do Antropólogo Manuel Vilar Álvarez, autor da exposición sobre a súa figura realizada no Museo do Pobo Galego en 2006. A cita, que recibe o nome de “Fraguas, o traballo calado”, será a partir das 20.00 horas na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela, e tamén se poderá seguir en directo a través da páxina de facebook da entidade.

Así, o Ateneo homenaxeará ao historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista, cun gran coñecedor da súa persoa como é Vilar Álvarez. Licenciado en Xeografía e Historia, doutorando en Antropoloxía e Máster en Xestión de Bens Culturais e Patrimonio, o seu labor profesional desenvólvese no campo da antropoloxía e patrimonio, comisariando exposicións, como a que realizou en 2006 no Museo do Pobo Galego sobre a figura de Antón Fraguas. Ten presentado comunicacións en diferentes congresos e publicado distintos artigos sobre os seus traballos de campo relacionados co Patrimonio Etnográfico e Museos e é autor de varios libros entre os que destacan Teóricos da Arte, Dicionario Xaquín Lorenzo “Xocas” ou Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, entre outros. En 2009 recibiu o Premio de Investigación Rutas Xacobeas da Asociación de Cámaras de Comercio dos Camiños Xacobeos por un traballo sobre o camiño de Fisterra e Muxía. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias