El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

Clausura do II Ciclo Cinema e Educación do Ateneo de Santiago

14-05-2019 07:10:59

Santiago de Compostela | O martes, o Ateneo de Santiago -coa colaboración de Afundación- clausurará o II Ciclo Cinema e Educación cun grande éxito de participación da cidadanía compostelá.

Para este acto de peche a película elixida foi unha recente estrea do cinema francófono como é Les héritiers (A profesora de historia), que analiza o sistema educativo do país francés no presente século XXI. Dirixida por Marie-Castille Mention-Schaar e non recomendada para menores de 7 anos, relata como Anne Gueguen, unha profesora de Historia de instituto preocupada polos problemas dos seus difíciles alumnos e frustrada polo seu materialismo e falta de ambición, cambia as súas vidas a través da realización dun proxecto para participar nun concurso nacional sobre o significado de ser adolescente nun campo de concentración nazi.

A sesión, de entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala, comezará ás 19.00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, coa presentación do filme por parte do Profesor de Ciencias da Educación da USC José Armas e a Profesora de Lingua francesa no IES Xulián Magariños de Negreira Isabel Martínez Rodríguez. A continuación, como colofón a todo o ciclo, terá lugar un Faladoiro, dirixido por estes dous profesores, onde se analizará con detalle a película en relación con todas as anteriores. 

Así, este II Ciclo Cinema e Educación veu mostrando, ao longo de mes e medio, como o cine se ten enfrontado a diferentes aspectos da realidade educativa en Europa, dende os anos trinta do século pasado ata os primeiros deste século XXI, a través de cinco películas moi representativas, catro clásicos e esta última estrea recente. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias