El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Marita Seara Fernández
Piñeiro Docampo
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación destina máis de medio millón de euros a apoiar festivais dos concellos

13-05-2019 16:02:24

A Coruña | Un total de 545.607, 58  é o total do orzamento que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina nesta nova edición a apoiar os festivais culturais organizados polos concellos. Cineuropa, O Festival de Ortigueira, Curtocircuito, Rock in Cambre, a Mostra de Teatro de Cariño, o Interplay de Carballo  ou o Asalto ao Castelo de Vimianzo son algúns dos 28 festivais que reciben financiamento por esta liña. A esta resolución sumarase a destinada a festivais organizados por entidades co que se superará o millón de euros.  

Case trinta festivais audiovisuais, de artes escénicas ou musicais organizados directamente polos concellos da Coruña reciben da Deputación da Coruña un total de 545.607,607 euros a través da liña de concorrencia competitiva da que o BOP publica este martes día 13 de maio a resolución provisionais. Festivais de longo percorrido como o de música celta de Ortigueira e outros de máis nova creación como o Mares do Fin do Mundo de Carnota que chega a súa segunda edición son algúns dos 28 festivais que a Deputación da Coruña apoia a través desta liña de axudas que sitúan á institución na primeira en colaboración financieira neste ámbito de difusión cultural.  

No ámbito audiovisual, a Deputación apoia festivais como Cineuropa, Curtocircuito, Interplay, Mares da Fin do Mundo de Carnota, Curtametraxes Vila de Noia, Chanfaina Lab de San Sadurniño, Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Crianza, de Ames ou o Festival de Cinema Premios Fouciño de Zas reciben axudas para a promoción e difusión no ámbito audiovisual.  

Na música, inclúense algúns dos festivais con maior tradición na cultura galega como o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira ou o Festival do Queixo de Arzúa ademais do Rock in Cambre, Guísamo Folk, Festival das Ondas de Fene, Traz outro amigo também de Cedeira, Festival Internacional de Blues de Fisterra, Noite de Bolos de Neda, Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, Noia Jazz, Festival Desordes Sonoras de Ordes, Naturfest de Rois, Silsalde de Arteixo, Noites de Jazz de Rianxo ou o Asalto ao Castelo de Vimianzo.  

Tamén en artes escénicas, a Deputación da Coruña apoia a realización de festivais como o Vai de Rúa de Betanzos, a Mostra de Teatro de Cariño, Festival de Maxia de Lousame, Rúa Ext-cénica de Oleiros ou o de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón.  

"Os festivais son unha extraordinaria plataforma de promoción cultural que afortala o sector creativo ademais de ser unha maneira de achegar a cultura ás persoas seguindo o lema que nos defendemos de que a cultura é un dereito", explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei. Departamento de comunicación / Deputación da Coruña





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias