El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Rede Cultural da Deputación duplicou o orzamento nos últimos catro anos

15-05-2019 14:39:09
Convenios da Rede Cultural.

A Coruña | A Deputación da Coruña acolleu a sinatura de convenios da Rede Cultural que este anos consolida o seu incremento, chegando a duplicar o orzamento de 2015 e ofrecendo un total de 1.829 espectáculos. Representantes dos concellos participaron no acto que pon en marcha maior circuíto cultural da provincia.  

O acto de sinatura de convenios ao que asistiron alcaldes e alcaldesas e concelleiros e concelleiras supón o inicio dunha nova edición da Rede Cultural que conta co maior orzamento da súa historia. En total, o circuíto conta cunha achega da Deputación da Coruña de 2.202.184,98 euros, 146.184,98 € máis que o ano anterior e máis do dobre dos 976.496 € do ano 2015. A esta cantidade é preciso engadir aínda a parte que asumen os propios concellos, o que fai da Rede o circuíto máis sólido da cultura galega.  

"A Rede Cultural é un referente de programación en todo o país, de especial relevancia non só para os concellos e entidades que programan senón tamén para o sector cultural, polo que supón de dinamización e creación de emprego", sinalou no acto a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.  Neste sentido, destacou que a Deputación duplicou o orzamento nos últimos catro anos e, con respecto ao anterior, incrementouse en 150.000 €, alcanzando o maior orzamento da súa historia cun total de 2.202.184,98 € na parte que achega a Deputación da Coruña. Tamén en número de espectáculos e proxeccións, o circuíto do 2019 superará aos que o precederon, chegando a 1.829 espectáculos e proxeccións.  

"Trátase dun grande esforzo para a consolidación dun sector tan fundamental para a saúde da nosa cultura como é o das artes escénicas e musicais ademais da difusión do audiovisual cunha programación de calidade en todos os concellos da provincia", defende Goretti Sanmartín Rei.  

O circuíto que se desenvolverá a través do territorio dos concellos da Coruña inclúense un total de 625 actuacións do programa profesional "Escena ao Vivo" para os que a Deputación achega un total de 1.246.532,15 €. Desta oferta, 325 son espectáculos de teatro e monicreques, 241 concertos e 59 actuacións de danza ao que compre sumar as 135 actuacións que os concellos solicitaron dentro da categoría "Lingua a Escena" para a promoción do galego por medio da cultura, un apartado ao que se destinan 100.458,05€ do orzamento provincial. A oferta inclúe tamén 138 proxeccións de cinema e contidos audiovisual do programa "Visións" cun orzamento da Deputación de 58.334,68 €.  

Compañías e artistas como Sés, Sarabela Teatro, Gazafellos, o Mago Antón, Magín Blanco, Dios ke te Crew, Boabab Teatro, Os Quinquilláns, Pablo Díaz, Roi Casal, Xoán Curiel, Talía Teatro, Trópico de Grelos, Zenzar, Paco Nogueiras, ButacaZero, Luar na Lubre, Iboprufeno Teatro, entre outras moitas, forman parte do catálogo da Rede Cultural desta nova edición.  

En canto ao programa non profesional Alicerces, este ano programaranse 238 actuacións nos concellos da Coruña a través da Rede Cultural para o que a Deputación achegará un total de 153.924,10 euros. Para entidades sen ánimo de lucro, este ano a través do programa Alicerces se desenvolverán 666 actuacións que a Deputación financia con 642.936 euros. Desta maneira, todas as entidades reciben un espectáculo para incorporara as súas actividades, non quedando excluídas ningunha das solicitudes que cumprían a convocatoria.
 
A oferta deste ano incluía un catálogo de 1763 espectáculos, 404 máis que o ano anterior, incremento que se debe, en boa medida a ser a primeira edición en que a Rede Cultural se abriu a todas as compañías e artistas de cultura galega, sempre que as actuacións se leven a cabo nos concellos da provincia.
 
A evolución da Rede Cultural, tal e como recolle un recente de intervención da Deputación da Coruña, pasou de 776.571 euros para concellos en 2015 -no anterior mandato- a 1.559.248 en 2019, e na programación destinada a entidades, o orzamento pasou de 199.925 € en 2015 a 642.936 € na presente convocatoria. En total, polo tanto, a Rede conta cun orzamento nesta edición de a 2.202.184 €, máis do dobre dos 976.496 euros do ano 2015. A resolución





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias