El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | TRENES TURÍSTICOS

O programa de trens turísticos amplía a 12 os roteiros para este ano, cunha nova dedicada aos Camiños

15-05-2019 18:14:21
Presentanción dos Trens Turísticos de Galicia.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou hoxe a programación da sétima edición dos Trens Turísticos de Galicia, unha das propostas máis exitosas dos últimos anos que, na antesala do Xacobeo 21, incorpora unha nova ruta polos Camiños de Santiago para descubrir gran parte do patrimonio galego a través de diferentes tramos do Camiño Francés, Norte, Primitivo e Inglés. No acto, no que o conselleiro estivo acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, tamén participaron o xerente de Trens Turísticos de Renfe, Escolástico González, e o presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), Rosendo Fernández.

O novo itinerario que botará a andar por vez primeira nesta edición achegará aos viaxeiros á realidade viva das peregrinacións xacobeas. Saíndo da cidade da Coruña (Camiño Inglés) achegarase ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes (Camiño do Norte), á cidade de Lugo (Camiño Primitivo) e ao mosteiro de San Xulián de Samos (Camiño Francés). Percorrerá así catro dos dez itinerarios xacobeos en Galicia e, como explicou Román Rodríguez, reforzará a Ruta dos Mosteiros, iniciada a temporada pasada. 

A nova edición dos Trens Turísticos de Galicia manterá presentes as xa coñecidas Ruta dos Faros, Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, Ruta da Lamprea, a Ruta Ourense Termal e Versalles galego, así como os seis trens turísticos que percorren os territorios de cada unha das cinco denominacións de orixe vitivinícola: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra –en ámbolos dous ríos, Sil e Miño–, Ribeiro e Valdeorras, así como a Ruta dos Mosteiros que, tras o éxito do ano pasado co 100% de ocupación, duplicará as súas saídas nesta edición.  


De xuño a outubro 

En total, os viaxeiros poderán desfrutar nesta edición de ata 12 itinerarios temáticos diferentes, que farán un total de 57 saídas entre os meses de xuño e outubro e que suman máis de 16.000 km de percorridos polas catro provincias. “Trátase dunha oferta moi diversa coa que queremos seguir consolidando o noso modelo turístico e avanzando na mellora da calidade e dos nosos recursos”, destacou o titular de Cultura e Turismo. 

Os Trens Turísticos de Galicia comezarán a funcionar o vindeiro 1 de xuño e rematarán o 26 de outubro. As rutas inclúen viaxes en tren, visitas guiadas e traslados en autobús e teñen un prezo por ruta de 45 euros para adultos (con descontos do 15% para grupos de 10 ou máis adultos) e 20 euros para os nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. Os billetes pódense adquirir a través da web de Renfe e, como novidade, tamén se habilitou este ano un punto físico de venta de billetes na oficina de Renfe instalada en San Martiño Pinario. Amais, pódese atopar toda a información na web de Turismo de Galicia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias