El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | ESCOLAS INFANTÍS

A Xunta aumenta un 5% o número de prazas públicas en escolas infantís de entidades privadas

16-05-2019 13:23:04

A Consellería de Política Social aumenta o vindeiro curso escolar 2019/2020 nun 5% o número de prazas públicas en escolas infantís dependentes de Entidades Privadas de Iniciativa Social (EPIS), ata acadar as 2.849 en toda Galicia. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a listaxe dos 49 centros que se beneficiarán das axudas autonómicas dirixidas a apoiar a súa actividade, dous máis que na anterior convocatoria.  

Deste xeito, a Xunta consolida a oferta de prazas de 0 a 3 anos que pon a disposición das familias galegas en centros de iniciativa social, as cales teñen os mesmos prezos en atención educativa que as escolas que forman parte da rede autonómica da Galiña Azul. O crédito total das achegas supera os 3,4 millóns de euros, e están dirixidas a subvencionar gastos de persoal, de alimentación e outros xerais de mantemento destes recursos.  

A contía da axuda que percibe cada centro varía en función do número de unidades que ten en servizo e de se prestan servizo de comedor. Ao igual que en anteriores convocatorias, concederase un anticipo do 80% da cantidade subvencionada para garantir a liquidez da entidade beneficiaria e tamén se permite xustificar a axuda mediante módulos, o que simplifica e axiliza o trámite.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias