El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | SOGAMA

"Recíclate con Sogama: querer é poder", unha invitación á responsabilidade compartida

16-05-2019 13:30:17
Recíclate con Sogama: querer é poder.

No marco do Día Internacional da Reciclaxe, coincidindo coa conmemoración do Día das Letras Galegas, Sogama pon de relevo a importancia de practicar cada día o principio dos tres erres (Reducir, Reutilizar e Reciclar) para contribuír ao desenvolvemento sostible. 

Así, e baixo o lema “Recíclate con Sogama. Querer é poder!”, lanza un sinxelo manual, en formato online e asequible para todos os públicos, no que recorda que os recursos do planeta son hoxe escasos e limitados, e que a prevención e a redución da produción de residuos constitúe o primeiro  elo de cara a preservalos, debendo velar en todo momento polo máximo aproveitamento dos  produtos e a correcta separación dos materiais, unha vez convertidos en residuos, para garantir o seu posterior reciclado. Neste escenario, o principio dos tres erres eríxese  igualmente nunha ferramenta clave para loitar contra as ameazas do cambio climático. 


Poderosas razóns para reciclar  

Descoñecer os beneficios da reciclaxe pode facer que decaia o empeño e interese en contribuír  á mesma . É por itso  que Sogama expón as principais razóns polas cales debemos propiciar a reciclaxe: porque se evita a extracción de materias primas virxes e consérvanse os recursos naturais; porque se recuperan materiais que, doutro xeito, se desperdiciarían; porque se aforra enerxía e auga; porque diminúe a dependencia de combustibles fósiles e a emisión de gases de efecto invernadoiro; porque se reduce a cantidade de residuos a refugallos a depositar no contedor verde convencional; porque a industria da reciclaxe tamén contribúe a crear emprego; e porque cun sinxelo xesto, conseguiremos algo grande: máis vida para o noso planeta. 


Colaboración e innovación: pechando o círculo 

Así mesmo, Sogama recorda os materiais que deben e non deben depositarse en cada un dos contedores de recollix< selectiva emprazados nas vías públicas: amarelo, para envases de plástico, latas e briks; azul, para papel e cartón; iglú verde, para envases de vidro; e contedor verde convencional, para a fracción resto. 

Fai tamén especial fincapé nas posibilidades que ofrece hoxe a innovación tecnolóxica no ámbito industrial para incrementar as taxas de reciclado. Exemplo ditso  é a súa nova planta de recuperación de materiais contidos no lixo convencional. En liña  coa industria 4.0, e mediante tecnoloxías de última xeración, a compañía consegue recuperar ata 11 tipoloxías de materiais que entrega aos centros recicladores para que sexan convertidos en novos  recursos e reincorporados ao circuíto comercial cunha nova vida. 

Coa entrada en operación desta instalación, que conformou a primeira fase da ampliación do complexo medioambiental de Cerceda, a compañía pública multiplicará por catro  a súa achega á reciclaxe e chegará en 2020 ao vertido técnico cero (10%), esixencia imposta polo Parlamento Europeo para todos os Estados membros no horizonte do ano 2035. 

A Sociedade Galega do Medio Ambiente móstrase convencida de que, sumando colaboración cidadá e innovación tecnolóxica, facilítase o camiño  cara á economía circular na nosa comunidade. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias