El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | INTERNET

Galicia é a segunda comunidade na que máis se Incrementou o uso de Internet entre as persoas maiores de 55 a 64 anos desde 2011

16-05-2019 20:14:20

A idade é un dos factores determinantes no uso da Internet. En Galicia os maiores de 55 anos representan preto do 40% da poboación e nese punto márcase unha importante fenda no acceso á rede. De feito, a porcentaxe de uso entre os galegos de menos de 44 anos sitúase en valores próximos ao 100% mentres que os que maiores de 55 non chegan ao 65%.

A pesar dos case 40 puntos de diferenza entre ambas as franxas de idade, no últimos anos esta fenda foise acurtando significativamente. Desde 2011, segundo datos do INE, o uso da Internet entre galegos de 55 a 64 anos incrementouse un 145%, o segundo maior aumento do conxunto do Estado. Tamén creceu a porcentaxe de persoas de 65 a 75 anos que navegan por Internet, que por primeira vez supera o 44% cando en 2011 estaba nun 9,2%. 

Para algunhas persoas, maioritariamente entre os 16 e os 34 anos o uso da Internet é inherente á súa dinámica habitual. Fóra desa franxa de idade a convivencia con nenos en idade escolar ou mozas tamén facilita o achegamento á tecnoloxía. Os últimos datos do Observatorio para a Sociedade da Información sinalan que o 97,5% dos fogares galegos con nenos de 3 a 16 anos teñen contratado o servizo de banda larga, 17 puntos máis que os fogares onde non residen nenos. No caso de fogares con estudantes maiores de 16 anos a porcentaxe elévase ata o 98,9%.  


Contratación segundo o tamaño do hábitat 

Os fogares galegos con servizo da Internet contratado pasaron do 51,6% en 2011 a máis do 82%. Nos núcleos máis grandes, os de 20.000 a 100.000 habitantes superan a media galega cunha porcentaxe de fogares con banda larga contratada de entre o 86 e o 91%. Nos núcleos máis pequenos foi onde se rexistrou o maior incremento nestes anos. Nos de menos de 10.000 a contratación aumentou máis do dobre pasando do 37,6% a preto do 76% e nos de 10.000 a 20.000 do 55,7% a case o 80%.  


Mellora da cobertura 

As actuacións en marcha do Plan de Banda Larga da Xunta e do Estado garanten que máis de 513.000 galegos de 309 concellos, que carecen de acceso a redes ultrarrápidas, teñan cobertura de 100Mbps de velocidade no 2020. Ambas medidas garanten que en 2020 máis do 98% dos concellos galegos teñan núcleos con acceso a redes de máis de 100 Mbps. Esta porcentaxe incrementarase coas novas convocatorias do Estado previstas para 2019-2021, a última foi publicada en abril de 2019 por un importe de máis de 20 millóns de euros, e prevese que se resolva este ano.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias