El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

LUGO

O Vello Cárcere convértese esta semana en "campamento fortificado cultural"

04-06-2019 12:31:15

Lugo | O Arde Lvcvs Cvltvral, que nos últimos días, dentro da programación de actividades de inspiración romana e castrexa, puxo en marcha o X Ciclo de Conferencias da Cohors Lucensium, continúa ofrecendo esta semana varios relatorios sobre a temática da historia da Antiga Roma
 
Tras o relatorio do historiador Felipe Arias e do catedrático de xeografía Rubén Camilo Lois González a pasada semana, esta tarde é a quenda do arqueólogo municipal Enrique González, que falará sobre a Morte e sociedade no Lugo Romano. Mañá dirixirá a charla o arqueólogo Iván Álvarez, sobre A minería aurífera romana nas montañas do Caurel. Xoves, venres e sábado tamén haberá conferencias, da man da Directora do Museo Privincial de Lugo, Aurelia Balseiro, e os arqueólogos Enrique Alkorta e Ceslo Rodríguez; que centrarán as súas conferencias sobre a Terra auri. Ouro e ourivería antiga, Cerámica e numimática romana e o Templo de Mitra.
 
A programación de conferencias continúa o vindeiro martes e mércores, 11 e 12 de xuño, coa escritora Ana Mar Fraga, a licenciada en dereito Beatriz Pelayo, o escritor Daniel Cuadrado e o arqueólogo Marco Almansa. Pechará esta programación o concerto de Abraham Cupeiro. Todas as conferencias son ás 20:00 horas no Vello  Cárcere. A entrada é libre ata completar a cabida.


Outra programación 

O sábado, esta mesma programación do Arde Lvcvs Cvltvral celebrará o último paseo con Paulo Fabio Máximo e o Liberto Jávicus, cun percorrido pola Calzada Romana, a Ponte Romana e o Balneario. O punto de partida é o miliario da Praza Armañá, ás 17:00 horas. Para participar nesta andaina, aínda que a inscrición é de balde, é preciso anotarse no 010.

Nesta mesma xornada, ás 19:00 horas, terá lugar a obra teatral A conxura senatorial, a cargo da asociación de recreación histórica Senatus Lucus Augusti, no Balneario de Lugo. Departamento de comunucación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias